Miercoles Julio 17 2019 

O Papon por Pablo Albo

O Papon por Pablo Albo

Descargar O Papon por Pablo Albo Epub y PDF

  • Título: O Papon
  • Autores: Pablo Albo
  • Publicado: 21/11/2006
  • ISBN: 9788496573826
  • Tamaño: 26 MB
  • Nº de páginas: 48
  • Idiomas: Español
  • Valoración: ★★★★★
  • Formato : PDF, EPUB


Pablo Albo con O Papon

A avoa decide prepararlles ás súas tres netas unha sorpresa na bodega: pan con mel (esquecera que ese era precisamente o xantar preferido do papón). As netas, unha por unha, baixan polas escadas escuras, frías e misteriosas; empurran a porta e… O Papón é un dos «comenenos» máis populares en toda a xeografía do Estado español, e por este motivo presenta características diferentes segundo a zona. Con todo, hai certos trazos recorrentes que sempre se manteñen nas distintas versións e que nos permiten identificalo: un xigante, cabezón, de aspecto bruto e gran voracidade, que papa os nenos enteiros e sen mastigar. Ao contrario dos outros monstros que actúan sen avisar, o Papón advirte das súas intencións e da súa voracidade natural. E aqueles que aínda así, ousan achegarse aos lugares que frecuenta, son engulidos sen chistar. A identidade do insólito heroe que resolve a situación repítese en todas as versións. Trátase da pequena formiga, presente tamén noutros contos tradicionais de estrutura narrativa similar: A cabra montesa, O zamparrón, etc. A versión de Pablo Albo axústase en boa medida á tradicional, aínda que el trata o asunto con moito máis sentido do humor e decídese por un desenlace amable e divertido. Namentres, no conto recollido por Aurelio Espinosa (e tamén noutras versións similares documentadas no primeiro terzo do século pasado) o heroe mata o monstro, Pablo Albo opta por unha divertida transformación simbólica do xigante, que acaba integrándose no mundo ao que pertence o heroe. Deste xeito, o ben triunfa sobre o mal, e grazas á intervención solidaria de varios personaxes cos que se identifica o lector. As distintas denominacións para o «comenenos» en todos os lugares da península, presentan unha etimoloxía transparente: o Papón en Galicia, o Papu en Cataluña…, e todas elas sobreviviron ata os nosos días na memoria. A todo isto hai que engadir que a miúdo se utilizou a súa figura con fins diversos, por exemplo, para que os nenos aprendan a portarse ben, para que se deiten cedo, para que non saian de noite, para que non se acheguen aos descoñecidos, etc. A imaxinación e tamén a necesidade de previr actos temerarios propiciou a aparición, no marco da cultura p
Descargar o lea el libro de O Papon en formato PDF y EPUB. Aquí puedes descargar cualquier libro en formato PDF o Epub gratis. Use el botón disponible en esta página para descargar o leer libros en línea.

Relacionado Ebooks